¿Realmente todos os nosos datos están protexidos na Internet?
No programa REC dispuxéronse a buscar a profesionais sobre o tema.
Ao comezo do programa , o primeiro que fai a reporteira é ir xunto a un detective especializado no tema, e co permiso do xefe da reporteira, comezan a buscar información sobre el e, en menos de dez minutos saben nos lugares onde viviu, conseguen a súa foto, o que lle gusta facer, quen é a súa muller,etc.
Ao rematar, vai a oficina de Google en España para saber realmente que é unha cookie.
Logo, a entrevistadora quere adentrarse máis no tema, buscando a un hacker, que remata por concederlle unha entrevista.Este é un hacker blanco que quere dicir, que non fai nada perxudicial para outras persoas , mentres que un hacker negro, non busca o seu ben, se non cousas que son prexudiciais para outros.
Logo queda con outro hacker, que consegue a contrasinal do seu correo electrónico.
O que máis me sorprendeu foi cando un dos hackers contou que entrou nun foro e coas instruccións que marcaban conseguiu entrar nos arquivos da súa universidade e que foi moi sinxelo.
Isto demostra, que calquera que sabe un pouco sobre este tema, é capaz de entrar en arquivos privados ou conseguir os nosos datos que colgamos a través das redes sociais,programas, etc.
Aquí vos deixo o documental: