domingo, 28 de octubre de 2012

                                         O SAMAÍN

Queda menos dunha semana  para celebrar unha festa de orixen celta : O samaín..Moita xente o confunde co Halloween , pero esta celebración foi creada antes.
Esta festa antiguamente se facía para recordar aos mortos e o seu espíritu.Se celebra do 31 de outubro ao 1 de novembro.
O Samaín era o momento onde os espíritus dos mortos volvían as súas casa para visitar os seus familiares.Era costume quentarse co lume da lareira, polo que deixaban o lume pola noite.
Aínda que outros pensan que a chegada das ánimas era un perigo para o pobo, polo que poñían sobre os muros caveiras cunha candea dentro, para que os espíritus non poidesen achegarse ás casas.
Nesas datas, prendíase lumes sagrados , que eran utilizadas nas lareiras nas casas e que servían para guiar os mortos na escuridade ata as súas casas.
Dise que era costume baleirar nabos de gran tamaño para poñerlles dentro cadeas,era unha tradición coservada en Irlanda, que puido ser exportada aos Estados Unidos de Ámerica polos irladndeses que emigraron entre os séculos XIX e XX.Se fora así, farían unha adaptación , dos nabos a grandes cabazas.
Hallowen foi unha influencia cultural importante, que conseguiu que fóra unha gran festa máis popular que volve a Europa.

E como en todas as festas , non poden faltar os doces.Aquí vos deixo dúas receitas moi faciliñas :


  • MAZÁS CARAMELIZADAS
Necesitamos:

  • 12 mazás pequenas , da igual se verdes ou vermellas
  • 12 paus de xeado ou brochetas
  • 1 taza de 1/4 de agua
  • 1/2 cucharada de colorante alimentario vermello
Lava e seca as mazás .Inserta o pau nas nas mazás e gárdaas a un lado da bandexa do forno forrada con papel vexetal e úntaas con aceite.
Mezcla o azúcre e o auga  nunha cacerola grande a fogo medio. Esperar a que o caramelo quede espeso.

Retirar a mezcla de caramelo do fogo e añadir o colorante cuidadosamente.
Unha por unha , e con coidado, hunde as mazás na mezcla de azucre, xirándoas para que o exceso caia de novo no cacharro.Pasa as mazás recubertas a unha lámina de papel vexetal e déixaas que arrefríen ata que o caramelo endureza completamente.
  • DEDOS DE BRUXA
Necesitamos :

  • 100 gramos de manteiga
  • 50 gramos de azucre 
  • 2 ovos
  • unha culler de extracto de vainilla
  • 300 gramos de fariña
  • unha cucharadiña de extracto de vainilla
  • unha pizca de sal
  • 50 gramos de améndoas
  • marmelo de amorodo ou framboesa
Nun bol, mezcla xunto a manteiga, o azucre, os ovos, fariña, sal e vainilla; remove ata que se faga unha masa. Amasa a fariña.Deixa arrefriar na neveira cuberto con film plástico durante 30 minutos. Precalenta o forno a 180 grados. Separa un pouco a masa e dalle forma dun dedo da man.
Presiona firmemente unha améndoa nun extremo a modo de unlla. Marca tres líneas a metade dos dedos da man para facer unha forma de nudillo. Repetir co resto da masa.
Coloca as galletas sobre unha bandexa de forno engrasada e fornear durante 20 minutos ata que se doren. Deixa arrefriar tres minutos.Levanta con coidado a améndoa e unta o marmelo de amorodo a modo de sangue.Voltar a colocar a améndoa, sobre o marmelo.Untar tamén ao final do dedo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario