martes, 27 de noviembre de 2012

Mozart





Mozart naceu en 1756 e morreu en 1791.Foi un compositor y pianista austriaco.
Creou máis de seiscentas composicións,como música sinfónica,concertante ou de cámara para piano,operística e de coral.Tiña memoria prodixiosa e capacidade para improvisar frases musicais.
O seu pai,Leopold,abandonou o traballo de músico,para dedicarse unicamente a formación do seu fillo,tanto persoal como artística.
Dende neno en Salzburgo,Mozart mostrou o seu prodixio tocando instrumentos de teclado e de violín.Tiña catro anos cando xa tocaba perfectamente o clavecín e o violín.
Con só cinco anos xa compoñía obras musicais para a Realeza Europea, e un ano despois,tocou diante da corte,xa que seu pai,cría que os dons do seu fillo viñan de Deus,e tiñan que ser vistos por todo o mundo.
Aos dezasete anos contratárono como músico na corte de Salzburgo,pero o deixou para seguir buscando unha mellor posición.
Mentres estivo en Viena en 1781,despedírono na corte, e decidiu quedarse vivir alí , onde conseguiu a fama que mantivo para sempre, aínda que pasou por momentos económicos duros.
Nos últimos anos antes de morrer,compuxo moitas das sinfonías,concertos e óperas máis coñecidas.





Mozart





No hay comentarios:

Publicar un comentario