Abrimos a imaxe que imos usar e a poñemos en branco e negro en : Cores-desaturar.
Vamos a ventana-diálogos empotrables - capas e duplicamos a capa da foto. Logo vamos a : cores- umbral e fai que a foto só teña píxeles brancos e negros.
Agora creamos unha nova capa que será transparente, e vamos a caixa de ferramentas: selección por cor e seleccionamos o negro o copiamos e o pegamos na nova capa.
Logo, recortamos a capa principal cosas tesoiras intelixentes. Vamos a cores- umbral e aceptamos.
Vamos a caixa de ferramentas e selección por cor e seleccionamos o negro e damos a suprimir para que quede negro nunha capa e branco noutra.
Despois, só queda seleccionar o branco e o negro en ferramentas e selección de cor para logo cambiarlle a cor en ferramentas de recheo e eleximos as cores que queiramos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario